Peixería María Lebedynski é a segunda e terceira xeración familiar de profesionais que ofrece produto, maioritariamente, da costa galega e de captura artesanal. Dende a súa fundación no ano 1976 selecionamos o mellor producto e preparámolo coma desexes con moito agarimo para que o poidas levar á túa mesa nas mellores condicións.
Dentro dos nosos produtos podes atopar gran variedade de peixes brancos, azuis ou semigrasos; todo tipo de cefalópodos como pota, luras, chocos, pulpos, etc; xunto con mariscos, coma moluscos e crustáceos. Traballamos sempre baixo tres pilares fundamentais: frescura, proximidade e de tempada.
Unha das últimas incorporacións son os pinchos de peixe e marisco elaborados por nós mesmas: todo un éxito asegurado entre crianzas e aquelas persoas que non o son tanto!
Ademáis, non só ofrecemos produto fresco senon que tamén podes atopar salmón afumado, bocartes en vinagre ou anchoas, listas xa para o consumo.
Agardámoste!
Rúa Barcelona (Mercado As Conchiñas), 26, Posto 214 - 2ª Planta, A Coruña - 15010, A Coruña, Spain
60 productos.