Pollería e charcutería Emilio é unha pequena empresa familiar con máis de 30 anos de experiencia na venda de productos avícolas a través do comercio tradicional. Desenvolvemos o noso traballo no Mercado de abastos das Conchiñas, para a clientela máis exisente do barrio e fora do mesmo. A relación calidade precio sigue sendo un atractivo chamamento, do que somos conscientes, grazas os novos, e antigos clientes que na actualidade residen en barrios, coma Matogrande, Os Rosáis, Novo Mesoiro, Pastoriza, etc. e non dubidan en visitarnos. Por todo iso, podemos afirmar sen medo algún, que a frescura dos nosos productos, a elaboración propia e o trato co cliente, son a nosa máxima referencia.
Obligámonos a traballar con compromiso; satisfacer as necesidades e esixencias do cliente é a nosa motivación. A frescura e a calidade do producto conseguímola coa selección rigurosa do xénero. Isto é coñecido polos nosos suministradores, e atéñense as nosas esixencias. Non compramos por palets, no que todo vale. O criterio de calidade non pode ser descuidado; cada peza e cada venda son importantes para nós.
No posto dispoñemos de obrador, onde se fan os nosos elaborados caseiros, como os que facía "a avoa". Un robot de cociña é o noso artiluxio máis sofisticado; son as nosas mans as que fan a labor máis importante, e nótase no plato. Os sabores, as testuras, o gusto polo bo e o san, encontraralos nos nosos productos.
Rúa Barcelona (Mercado As Conchiñas), 26, Puesto 112-113, A Coruña - 15010, A Coruña, Spain
32 productos.