Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

VAI DE MERCADOS ofrece venda local de produtos frescos e de calidade dos Mercados de As Conchiñas e Elviña (A Coruña)

VAIDEMERCADOS é unha plataforma de venda local dos mercados de As Conchiñas e Elviña da Coruña.
Contacta con nós no enderezo electrónico: info@vaidemercados.gal

Os Mercados de Elviña e As Conchiñas

 
Mercado de Elviña

 

Mercado de Elviña

 

 

O mercado tradicional de abastos de Elviña inaugurouse a principios da década dos 70, aínda que nun principio este edificio ía albergar un centro de congresos e exposicións.

O mercado tradicional de abastos de Elviña inaugurouse a principios da década dos 70, aínda que nun principio este edificio ía albergar un centro de congresos e exposicións. A antiga praza de Elviña, con capacidade para máis de 100 postos, despois de máis de 25 anos en funcionamento presentaba numerosas deficiencias, ademais de ter unha imaxe deteriorada e antiga. Os locais e postos de madeira sufrían humidades e non había ascensores para subir á segunda planta, o que dificultaba o acceso para as persoas maiores. Por isto, expúxose a súa demolición e a construción dun novo recinto máis moderno e cunhas condicións hixiénico sanitarias máis completas.

En maio de 2006 o mercado de Elviña inaugurou as súas novas instalacións integradas nun centro comercial que supera os 8.000 metros cadrados de superficie e que inclúen un aparcamento subterráneo con capacidade para máis de 200 vehículos.

O novo mercado de Elviña está composto por 46 postos distribuídos nunha mesma planta de case 2.300 metros cadrados. O mercado conserva servizos como o de cafetería e o salón de peiteado e conta con 16 establecementos dedicados á peixaría, seis a  carnicería, un posto de conxelados, cinco  fruterías, tres panaderías, catro  pollerías, un local de venda de queixos e oito locais comerciais.

 

Enderezo:
Avda. Salvador de Madariaga 9. 15008 A Coruña

Liñas de bus urbano:
Avda. Salvador de Madariaga  1A e  12A

Teléfono:
881 888 069

Servizos:
Aparcamento, WIFI e adaptado a persoas con mobilidade reducida

Horario:
8.00 a 16.30

 

 

Mercado de As Conchiñas

 

Mercado de As Conchiñas

 

 

Mercado tradicional de abastos. Situado no corazón do Agra  do Orzán, o Mercado de  As  Conchiñas abriu as súas portas para mediados da década dos setenta.

Constaba dunha superficie construída de 5.004 metros cadrados distribuída en tres plantas, e o custo da súa construción ascendeu a un total de 30.000.000 millóns de pesetas.

No ano 2004 foi aprobada a reforma das instalacións, co obxectivo de garantir as condicións de vendas, así como dotar aos postos das comodidades e as tecnoloxías necesarias na actualidade.

Na remodelación prevista da praza as novas fachadas serán de lousa e de zinc, a cuberta tamén de zinc e instalarase un ascensor  montacargas eléctrico para 16 persoas e 1.250 quilogramos de peso. A concesión de licenza de obra para a reforma recaeu na empresa Servizos Cerámicos S.L. O prazo de execución será de 12 meses e o orzamento, 1.972.552 €.

 

Enderezo:
Rúa Barcelona, 26. 15010 A Coruña

Liñas de bus urbano:
Rolda de Outeiro 7, 12A e 14

Teléfono:
981 269 132

Servizos:
Aparcamento e adaptado a persoas con mobilidade reducida

Horario:
Luns a sábado de 08:15  h. a 15:00  h.